Servizos da Oficina Técnica

Vixilancia e difusión
Informar sobre os fondos dispoñibles, facilitando información sobre os fondos europeos dun xeito áxil e de fácil acceso, sendo o portelo único do sector agroalimentario en Galicia.

Análise de convocatorias e programas
Difusión e comunicación das últimas novidades nesta materia e axudar ás empresas do sector a sacarlle o máximo proveito.

Identificación de oportunidades
Fomentar e estimular a demanda potencial de fondos, promovendo a identificación e presentación de proxectos susceptibles de recibir fondos europeos.

Asistencia e apoio
Asistencia e apoio na elaboración, tramitación e presentación de propostas coa elaboración da memoria e procedementos de solicitude.
Sobre nós
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, impulsa a Oficina Técnica de Alimentos de Próxima Xeración, aportando apoio institucional e recursos que fagan viable a iniciativa.
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) desempeña o papel do seu equipo directivo, coordinando, xestionando e dinamizando os diferentes axentes que interveñen neste ecosistema.
Tamén conta coa participación de EY como entidade contratada como asistencia técnica para a oficina.



